jueves, 28 de abril de 2011

VENTA DE PLANTAS


Con motivo del día de la madre, el Ampa inicia por primera vez, una campaña de venta de plantas para que nuestros hijos puedan obsequiarnos a las mamás con un detalle precioso.

Venderemos plantas, mañana viernes 30 de abril a la hora de la salida del cole (14h). Si los medios humanos nos lo permiten, pondremos un stand en cada puerta de acceso al Centro, donde nuestros hijos, compañeros, abuelos o personas que vayan a recoger a los niños, puedan adquirir una planta para que ellos nos las puedan entregar el 1 de mayo. Las plantas irán decoradas con celofán y una tarjetita con dedicatoria; y se venderán por el módico precio de 3€, cuyos beneficios serán destinados a las fiestas del colegio.

¡Animaros a participar en este proyecto! En el que nuestros hijos nos demostrarán su amor una vez más, y en el que nos arrancarán a las mamás una sonrisa o incluso alguna lágrima.

miércoles, 13 de abril de 2011

BOLETÍN CULTURAL Nº4 (ANEXO II) 2010-2011


Aquí tendes algunhas cousas para facer cos nenos, os vindeiros días.

¡Esperamos que as disfrutedes!

FESTA DE XUVENTUDE-ABRIL 2011: cúmprense cincuenta anos de celebración desta festividade e como xa comprobaredes, puxemos máis maxia que nunca en tódalas actividades e actuacións que organizamos. Celebrarase en Balaídos, a festa da xuventude do 14 ao 18 de abril de 2011. Programa:
XOVES 14 de 21:00 a 24:00, actuación da ORQUESTA PANORAMA.
VENRES 15 de 20:30 a 2:30, actuacións da ORQUESTA SINTONIA DE VIGO, e da ORQUESTA CINEMA.
SÁBADO 16 partir das 10:30, carreiras populares para nenos ata 12 anos. A partir das 11:00, pasarúas a cargo da Charanga VAITEXA. A partir das 13:00, concerto a cargo da BANDA MUSICAL de TUY. De 20:30 a 2:30, actuacións da ORQUESTA Philadelphia, e da ORQUESTA ABANICO. Ás 23:30, gran tirada de fogos de lucería.
DOMINGO 17 apartir das 13:00, concerto a cargo da BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE. A partir das 14:00, festa gastronómica (carne o caldeiro e patacas). A partir das 17:00 actuación da ORQUESTA MARBELLA. De 18:30 a 24:30, actuación da ORQUESTA MARBELLA, e da ORQUESTA TELEVISION.
LUNS 18 a partir das 18:00, animación a cargo do grupo DIVERNENO é pasarúas a cargo TROPA KORRIBAN. DIA DO NENO. De 21:00 a 24:30, actuación da ORQUESTA PARÍS DE NOIA.
Máis información aquí.

XOGANDO COA LINGUA-REDONDELA: a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, dirixida pola Concelleira nacionalista Rosa Costas Estévez, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística, organiza o Obradoiro XOGANDO COA LINGUA. Esta actividade pretende favorecer a conciliación da vida persoal e familiar das nais e dos pais durante os períodos de vacacións do curso escolar e, ao mesmo tempo, aproveitar para dinamizar e enriquecer o lecer dos cativos e cativas con recursos en lingua galega. O Obradoiro, dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos, ten como obxectivo espallar a práctica da lingua galega e mellorar a competencia lingüística dos participantes a través de xogos e actividades lúdicas. Desenvolverase no Multiusos da Xunqueira de Redondela os días luns 18, martes 19 e mércores 20 de abril, en horario de 11 a 13 horas. Para participar será preciso realizar a inscrición previamente, que será atendida por rigorosa orde de solicitude. A ASOCIACIÓN XUVENIL XARUME é a encargada do deseño e desenvolvemento desta actividade, na que os monitores utilizarán exclusivamente a lingua galega como lingua vehicular, e na que os asistentes poderán facer xogos de paracaídas, xogos populares, actividades musicais, xogos de palabras e elaboración de xoguetes con material reciclado. Para máis información e inscrición pódense dirixir ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2 , ou chamando ao 986 40 80 43. Máis información aquí.

OBRADOIROS PARA FAMILIAS-MUSEO DO MAR: "Para Bellum" o día 16 de abril de 11:30 a 12:30h, dende o Centro Arqueolóxico do Areal, SALINAE, queremos introducirnos máis aínda no mundo romano a través dun obradoiro centrado nas armas, que fixeron de Roma o gran imperio que foi. Descubriremos o gran avance que supuxo a profesionalización do exército así como a asimilación das armas dos seus inimigos, como a Gladius Hispaniensis, a arma que conquistou un imperio, pasando polos avances tecnolóxicos e as novas técnicas de combate.
"A arte de pescar" o día 16 de abril de 16:30 a 18:30, a pesca é un traballo duro e difícil que require do coñecemento dos diversos aparellos e ferramentas. Por iso, se queredes aprender a usar diferentes artes de pesca no mar, apuntádevos este sábado a este obradoiro. A idade mínima para participar nas actividades é 7 anos. Tarifa obradoiros : 1,5 €. Tarifa especial A Babor Club: 0,5 €. Máis información aquí.

lunes, 11 de abril de 2011

Nueva charla de la escuela de padres (II)


Más información sobre la charla organizada por el AMPA que va a tener lugar mañana martes 12 de abril a las 18:30 en el colegio Labor.

Las conferenciantes serán Ángeles Montero y Lara Campelo, del departamento de prevención del Centro Alborada (Asociación ciudadana de lucha contra la droga en Vigo) y además de charlas a padres también trabajan en gran medida con jóvenes tanto en el ámbito escolar como en otras esferas. El tema concreto de la charla es "Factores de Risco e Protección. Razóns para o consumo. Crenzas".

La charla está enmarcada en el "Proxecto Creative", subvencionado por la Xunta de Galicia, el Concello de Vigo y Novacaixagalicia. Ángeles Montero es la coordinadora de dicho proyecto desde su inicio hace aproximadamente diez años.

Para aquellos padres que no tengan con quien dejar a sus hijos, habrá servicio de guardería a cargo de una cuidadora mientras dure la charla.

viernes, 8 de abril de 2011

Nueva charla de la escuela de padres


El martes 12 de abril, a las 18:30 tendrá lugar en el Colegio la charla titulada "DROGAS: Factores de Risco e Protección. Razóns para o consumo. Creenzas". La charla será impartida por personal del Concello de Vigo, y está enmarcada en el PLDA (Plan Local sobre Dependencias e outras Adiccións).

sábado, 2 de abril de 2011

BOLETÍN CULTURAL Nº4 (ANEXO I) 2010-2011


Como os habíamos prometido, os informamos de más actividades para realizar este mes con los niños.

¡Esperamos que las disfrutéis!

"VIGO A ESCENA 2011": nesta nova edición inclúe 70 representacións de 15 compañías, tanto profesionais como afeccionadas. Tóda-las entradas son de valde.

Artello-Teatro Alla Scala 1:5 "Cinderella Mix": sábado 30 de abril ás 20:30h. Na AVV Praza da Miñoca. Duración: 50 minutos. Lembrádesvos da Cincenta, a pequena farrapenta, e das súas irmás noxentas que a aldraxaban con fachenda? A nosa versión é a fusión de tres olladas sobre este conto. Son as olladas de tres chaíñas. Tres personaxes que converxen accidentalmente. A partir dos pequenos conflitos da súa vida cotiá, vense engaiolados por unha historia que lles leva a xogar, a mesturar... A compartir. Tres olladas humildes, cheas de ilusión, de poesía, de cor, de música e de humor.

Ksiloco Mimo Clown "Wu Wang": domingo 10 de abril ás 19h. No CRAC Coruxo. Duración: 75 minutos. Na obra "Wu Wang" -un espectáculo multidisciplinar creado e producido por Sergio Otero, alias 'Ksiloco'- o pallaso e o mimo máis clásicos xogan a aprendiz de mago e músico polivalente, rei sen voz e namorado de corazón puro e sinceiro, e culmina nunha danza calada de Pessoa e unha homenaxe a Mercedes Sosa. "Wu Wang" son 11 pezas curtas de mimo-clown e teatro xestual con diferentes temáticas entrelazadas por un actoraxudante-de-escena que vai dando paso a cada un dos sketchs ao tempo que evoluciona como personaxe ao longo da obra.

Páprika Teatro "Un día moi especial": sábado 2 de abril ás 19h. Na AVV Santa Mariña de Cabral. Duración: 45 minutos. É un día moi especial, o dúo Os Pablos terán que facer o seu show musical fronte a un xurado, o cal podería chegar a elixilos para participar nun gran festival de música e humor. O público fai palmas, canta e todo vai moi ben, ata que imprevistamente rompe un micrófono e paralízase a función. Por fortuna aínda hai unha esperanza: na platea hai un técnico, o gato Juan Carlos Benvenutti Arreglatutti, quen os axudará a saír deste aperto e tamén a entrar noutros.

"A ÁRBORE DO SURREALISMO"-VERBUM: o obxectivo destes obradoiros é familiarizar aos nenos co tema do surrealismo, que non sexa un concepto amplo e abstracto, senón coñecer os seus diferentes ámbitos (poesía, narrativa, técnicas ou collage) a través do respecto e a diversión. Como apoio ao fío condutor, completarase ao longo dos catro obradoiros unha árbore de gran tamaño que reflectirá o traballo que se vaia facendo nos grupos en cada unha das sesións. Domingos 3, 10, 17 e 24 de abril. Horario: de 12:00 a 13:30 horas. Entrada gratuíta. Para nenos de 5 a 12 anos. Aforamento limitado a 50 rapaces. Entrada por rigorosa orde de chegada. Máis información aquí.

CENTRO COMERCIAL GRAN VÍA:
"TALLERES SOBRE LAS FUERZAS DE SEGURIDAD": este mes de abril los niños podrán ser unos auténticos bomberos o policías. Realizar gorros de bombero, crear placas de policía,… son algunas de las tareas que se van a desarrollar. Del 2 al 10 de abril. Local Pequevía. Días 2 y 3 de abril: APRENDIENDO CON BOMBEROS. De 17:30 a 20:30h. Días 9 y 10: APRENDIENDO CON LA POLICÍA. De 17:00 a 20:30h. Días 16 y 17: de 17:30 a 20:30h. CARPETAS sobre las fuerzas de seguridad, utilizando cartulinas y gomas. Días 23 y 24: de 17:30 a 20:30h. RECORTABLES, recortaremos los elementos característicos de cada cuerpo de seguridad y los iremos colocando sobre una plantilla. Días 30 y 1 de mayo: de 17:30 a 20:30h. VEHÍCULO, reproduciremos los vehículos que utilizan los policías, bomberos, personal sanitario...
"ESPECIAL SEMANA SANTA": días 18, 19 y 29 de 17:30 a 20:30h. JUGANDO A POLICÍAS Y BOMBEROS.
"ESPECIAL DÍA DE LA MADRE": CONCURSO DE CARTAS PARA MAMÁ, del sábado 16 de abril hasta el sábado 30 los socios del Club Pequevía podrán participar en un concurso muy especial. Escríbele una pequeña carta a tu mamá y gana un fantástico pack de regalos. ¡El jurado premiará a las 3 mejores!