miércoles, 16 de febrero de 2011

BOLETÍN CULTURAL Nº 2 (ANEXOII) 2010-2011


Aquí os presentamos os novos obradoiros do Museo do Mar e En Salinae; e A Babor Club.

¡Esperamos que o disfrutedes!

NOVO PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO MUSEO DO MAR: o 19 de febreiro retómanse os obradoiros para familias que continuarán tódo-los sábados de 16:30h. a 18:30h. A través dos obradorios preténdese mostrar a exposición permanente do museo a través de actividades que invitan á experiencia e, como non, a pasar un momento de diversión en familia. Cada actividade trata sobre a temática dunha parte da exposición que se traballará tanto no propio espacio expositivo como no obradoiro, onde realizaremos outro tipo de experiencia coa mesma temática. Días: 19 e 26 de Febreiro, O CICLO DA VIDA NO MAR. A idade mínima para participar nas actividades é 5 anos. Para inscribirse aquí ou chamando ó teléfono 986 24 76 91.

EN SALINAE: arranca tamén o 19 de febreiro con obradoiros para nenos e para familias que se desenvolverán nas mañás dos sábados comezando con “Ludi romani”, un obradoiro de xogos romanos para nenos de 5-7 anos. Días: 19 e 26 de febreiro, LUDI ROMANI (12:00h. a 13:30h). Para inscribirse aquí o chamando ó teléfono 986 24 76 91.

Tarifas obradoiros : de 8 a 16 anos: 1,5€.
Tarifa especial A Babor Club: 0,5€.

A BABOR CLUB: este sábado 19 de febreiro, a partir das 12.00h o Museo do Mar de Galicia pon en marcha "A BABOR CLUB", esta iniciativa preséntase xunto co novo programa de actividades, para todos os públicos, do Museo do Mar de Galicia e Salinae, o novo Museo Arqueolóxico do Areal. Trátase, dun proxecto para o disfrute de toda a familia. O Club está ideado para aportar unha completa oferta lúdica e didáctica para grandes e pequenos.

Coa pertenza ao club cada unidade familiar ten dereito a:
- Carnés individuais para cada membro con chapas exclusivas
- Un bono con 60 pases para visitas e obradoiros
- A invitación a todas as inauguracións
- Posibilidade de invitar a amigos
- Catro festas familiares (con merenda):
1.- en febreiro "o entroido pirata"
2.- en xullo "as estrelas nos guían"
3.- en outono "o outono no mar"
4.- no Nadal "o museo vístese de Nadal"
- Desconto do 15% na tenda do Museo

Cota Familiar Anual: 20 euros (da dereito a 60 pases con tarifa especial de entrada no Museo de 0,5 euros).

Aproveito para lembrarvos que a BIBLIOTECA CENTRAL, realiza sesións infantís todo os sábados de outubro a xuño ás 12 da mañá dentro do programa "Os sábados, conto"; no que rapaces dende 3 anos poden asistir a contadas, teatro, títeres, obradoiros, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario