miércoles, 13 de abril de 2011

BOLETÍN CULTURAL Nº4 (ANEXO II) 2010-2011


Aquí tendes algunhas cousas para facer cos nenos, os vindeiros días.

¡Esperamos que as disfrutedes!

FESTA DE XUVENTUDE-ABRIL 2011: cúmprense cincuenta anos de celebración desta festividade e como xa comprobaredes, puxemos máis maxia que nunca en tódalas actividades e actuacións que organizamos. Celebrarase en Balaídos, a festa da xuventude do 14 ao 18 de abril de 2011. Programa:
XOVES 14 de 21:00 a 24:00, actuación da ORQUESTA PANORAMA.
VENRES 15 de 20:30 a 2:30, actuacións da ORQUESTA SINTONIA DE VIGO, e da ORQUESTA CINEMA.
SÁBADO 16 partir das 10:30, carreiras populares para nenos ata 12 anos. A partir das 11:00, pasarúas a cargo da Charanga VAITEXA. A partir das 13:00, concerto a cargo da BANDA MUSICAL de TUY. De 20:30 a 2:30, actuacións da ORQUESTA Philadelphia, e da ORQUESTA ABANICO. Ás 23:30, gran tirada de fogos de lucería.
DOMINGO 17 apartir das 13:00, concerto a cargo da BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE BEADE. A partir das 14:00, festa gastronómica (carne o caldeiro e patacas). A partir das 17:00 actuación da ORQUESTA MARBELLA. De 18:30 a 24:30, actuación da ORQUESTA MARBELLA, e da ORQUESTA TELEVISION.
LUNS 18 a partir das 18:00, animación a cargo do grupo DIVERNENO é pasarúas a cargo TROPA KORRIBAN. DIA DO NENO. De 21:00 a 24:30, actuación da ORQUESTA PARÍS DE NOIA.
Máis información aquí.

XOGANDO COA LINGUA-REDONDELA: a Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, dirixida pola Concelleira nacionalista Rosa Costas Estévez, en colaboración coa Concellaría de Normalización Lingüística, organiza o Obradoiro XOGANDO COA LINGUA. Esta actividade pretende favorecer a conciliación da vida persoal e familiar das nais e dos pais durante os períodos de vacacións do curso escolar e, ao mesmo tempo, aproveitar para dinamizar e enriquecer o lecer dos cativos e cativas con recursos en lingua galega. O Obradoiro, dirixido a nenas e nenos de 4 a 12 anos, ten como obxectivo espallar a práctica da lingua galega e mellorar a competencia lingüística dos participantes a través de xogos e actividades lúdicas. Desenvolverase no Multiusos da Xunqueira de Redondela os días luns 18, martes 19 e mércores 20 de abril, en horario de 11 a 13 horas. Para participar será preciso realizar a inscrición previamente, que será atendida por rigorosa orde de solicitude. A ASOCIACIÓN XUVENIL XARUME é a encargada do deseño e desenvolvemento desta actividade, na que os monitores utilizarán exclusivamente a lingua galega como lingua vehicular, e na que os asistentes poderán facer xogos de paracaídas, xogos populares, actividades musicais, xogos de palabras e elaboración de xoguetes con material reciclado. Para máis información e inscrición pódense dirixir ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2 , ou chamando ao 986 40 80 43. Máis información aquí.

OBRADOIROS PARA FAMILIAS-MUSEO DO MAR: "Para Bellum" o día 16 de abril de 11:30 a 12:30h, dende o Centro Arqueolóxico do Areal, SALINAE, queremos introducirnos máis aínda no mundo romano a través dun obradoiro centrado nas armas, que fixeron de Roma o gran imperio que foi. Descubriremos o gran avance que supuxo a profesionalización do exército así como a asimilación das armas dos seus inimigos, como a Gladius Hispaniensis, a arma que conquistou un imperio, pasando polos avances tecnolóxicos e as novas técnicas de combate.
"A arte de pescar" o día 16 de abril de 16:30 a 18:30, a pesca é un traballo duro e difícil que require do coñecemento dos diversos aparellos e ferramentas. Por iso, se queredes aprender a usar diferentes artes de pesca no mar, apuntádevos este sábado a este obradoiro. A idade mínima para participar nas actividades é 7 anos. Tarifa obradoiros : 1,5 €. Tarifa especial A Babor Club: 0,5 €. Máis información aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario