jueves, 3 de mayo de 2012

BOLETÍN CULTURAL Nº7 2011-2012

Como todos los meses os dejamos las actividades que podemos realizar con nuestros niños.

¡Esperamos que las disfrutéis!

SABADIÑO DO ROQUE. QUE MEDO!: cada mes o Roque visita a biblioteca para compartir cos máis pequenos as súas aventuras, contarnos fantásticas historias, ensinarnos divertidas cancións e propoñernos estupendos xogos. Da man deste simpático personaxe a biblioteca pretende achegar a lectura aos nenos dunha forma amena e divertida. Sábado 5 ás 12h. Na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo). Acceso gratuíto.

ESTOXOS VIAXEIROS: a Biblioteca Xosé Neira Vilas acolle cada segundo sábado de mes os “Estoxos viaxeiros”, unha actividade para toda a familia na que viaxaremos polo mundo coñecendo novos países e diferentes culturas. Sábado 12 ás 12h. na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo). Acceso gratuíto.

PÍO: é un novo espectáculo que mestura o teatro de actor e o de títeres. Unha historia chea de humor e tenrura para toda a familia, que nos conta a historia de Pío, un pequeno paxaro que nace só na fraga, sen ningún referente que seguir. O pequeno Pío coñecerá na súa aventura unha morea de animais que viven na fraga, e descubrirá que non é un peixe, nin un coelliño, nin tampouco unha toupa. No final desta fantástica travesía sentirá o impulso de voar, de sentirse libre coma un paxaro. Unha nova proposta pensada para toda a familia cunha coidada estética e uns títeres deseñados por Óscar Villán (Premio Nacional de Ilustración, coñecido por ilustrar “O coelliño Branco” ou “A Cebra Camila”. Domingo 6. Horarios: 18:00 ás 19:00h. No Auditorio municipal del Ayuntamiento. 5 € Adultos, 3 € menores de 12 anos.

SEMANA DE MÚSICA DE CÁMARA: a Concellería de Cultura e Festas organiza, en colaboración co Conservatorio Superior de Música de Vigo (CMUS), a Semana de Música de Cámara, que terá lugar entre o 7 e o 11 de maio. Os concertos correrán a cargo de alumnado do CMUS, ás 19,00 horas, no auditorio municipal do Concello (8 e 9) e no auditorio "Martín Codax" do CMUS (7 e 11), con entrada libre até completar aforamento.

BALEADAS: espectáculo de danza e animación creada na escena, cheo de sorpresas. Baleas con lentes 3D e interacción co público. Domingo 13. Horarios: 18:00 ás 18:45h. No Auditorio municipal del Ayuntamiento. 5 € Adultos, 3 € menores de 12 anos.

MAXIA POTAXIA: o mago Romarís preséntanos unha recompilación dos seus mellores números, algúns dos cales son crecións propias. Domingo 10. Horarios: 18:00 ás 19:00h. No Auditorio municipal del Ayuntamiento. 5 € Adultos, 3 € menores de 12 anos.

LA ISLA DESCONOCIDA: ao espertar, Ela presentouse ante a Raíña, e pediulle un barco, para navegar até a Illa Descoñecida. El, vasalo da Raíña, asombrouse da osadía de Ela, e ao ver que a Raíña non podía negar a petición, decidiu seguila na súa aventura. Markeliñe propón unha aventura dentro do teatro xestual e visual, no que se reivindica esa mirada ao horizonte. Procurar a nosa illa descoñecida é defender o noso dereito a desenvolver as nosas potencialidades e a nosa responsabilidade co noso destino. Domingo 27. Horarios: 18:00 ás 19:00h. No Auditorio municipal del Ayuntamiento. 5 € Adultos, 3 € menores de 12 anos.

A HORA DOS CONTOS: a hora dos contos es el club de la biblioteca para los más pequeños, no que cada mes Trini Puentes nos presenta diferentes historias cun tema en común. Cada un dos membros deste miniclub ten o seu propio diario de lecturas, que vai completando con contos, debuxos e todas as propostas que en cada sesión Trini fai aos máis pequenos. Sábado 19 ás 12h. na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo). Gratuíto.

XIII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES DE REDONDELA 2012 Memorial Juanjo Amoedo: de novo as rúas, prazas e xardíns redondeláns servirán de escenario para artistas, músicos e titiriteiros das máis variadas procedencias. A organización do evento, compartida pola ASOCIACIÓN XENTE TITIRITEIRA e a Concellería de Cultura do Concello de Redondela, mantén a vocación internacional do FESTIVAL, presentando, nesta ocasión, os traballos e espectáculos de compañías profesionais do Reino Unido, Bulgaria, Dinamarca, Murcia, Cantabria, Madrid, Cataluña e Galicia; entre outras. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos, monicreques tradicionais, vangardas creativas, xogos participativos, animación de rúa e unha chea de sorpresas. Redondela. Do  14 ata o domingo 20 de maio.

EXPOSICIÓN DE DINOSAURIOS EN NIGRÁN: desde el 28 de abril hasta 23 de septiembre de 2012 podemos ver una exposición de dinosaurios en Nigrán, con más de 30 especies diferentes representadas en 50 réplicas de tamaño real. Horarios: viernes: de 16:00h a 20:30h., sábados, domingos y festivos: de 16:h a 21:h hasta el 20 de junio. En verano hay horario continuo todos los días de la semana. Niños: 5€, adultos: 7€ y niños menores de 2 años: gratis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario