domingo, 16 de enero de 2011

BOLETÍN CULTURAL Nº1 (ANEXO I) 2010-2011

A próxima fin de semana haberá un obradoiro dentro do programa Bocaberta da Xunta de Galicia. Índa que non ten lugar na nosa cidade sería interesante que leváramos ós nosos fillos.

¡Esperamos que o disfrutedes!

CANTA MÚSICA!!: dentro do programa de dinamización lingüística, Bocaberta; preséntase este obradoiro de canto e xogos, que ten como finalidade a aprendizaxe de cancións infantís, xogos relacionados con estas cancións e coa fala (como adiviñas, trabalinguas ou rimas), así como algunha melodía cantada acompañada dos ritmos básicos da nosa cultura musical, para o que empregaremos pandeiretas, cunchas, castañolas e outras percusións menores. Os obradoiros serán impartidos por Pablo Díaz e Olga Kirk, dúas persoas cunha prolongada traxectoria no eido da música tradicional galega e no seu ensino. Dirixido a nenos e nenas dos 5 aos 7 anos.
22/01/2011: na Biblioteca Municipal de Tui, ás 12:00 horas.
22/01/2011: no Círculo Recreativo e Cultural do Porriño, ás 18:00 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario